Artigo publicado por Carmen Cuquejo no número 4 da revista A Torre do Castro , Ano 2010. ¨Antigoamente, o vir os días d´Entroido (domingo e martes) , faguíanse moi boas festas, con burros, carruaxes, fargalleiros, gitanas (imitación d´elas), etc…; faguían un entroido de palla e metíanlle unha buxuga d´o porco chea de sangue n´a barriga, y´o martes, o por do sol, tirábanlle tiros, hasta que sali´o sangre e cai´o entroido; todo ésto en medio de canterías, toque de latas, caldeiros, cucharas, chaves e cazolas, pandaretas, etc., agora ises festexos van desaparecedo y ecliusándose, e xa, únicamente, se ve unha carantoña que outra, ou catro rapaces que queren faguer que fan; pero desapareceu aquil humor dos vellos, armar disputas e parrafeos en verso, etc.¨ “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931. O Entroido é unha festa de benvida á primavera, que comeza como esquecemento do inverno. Constitúe un culto á terra e a súa f...