O número 6 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , A Torre do Castro, en PDF (Ano 2012): http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro2012 Neste novo número, como xa é habitual, botamos man de vellos artigos que falan da visión sobre a lagoa de Antela de xornalistas dos anos 20 como o vigués Jaime Solá , fundador da revista Vida Gallega , e de grandes persoeiros, como é o caso de Álvaro Cunqueiro , que nos fala nun artigo, moi poético, dunha viaxe á Limia nos anos 50. Así mesmo, continuamos coa segunda parte do artigo de Domingo Fontán de 1858, extraído do xornal compostelán ¨ La Exposición Compostelana ¨, no que se nos trata un dos temas máis en boga a finais do século XIX en Galicia: o desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á excursión realizada polos veciños de Sandiás a Sogama en Cerceda (A Coruña), no que se lles mostrou o comp...